Aplicacións biomédicas das nanocápsulas de sílice como administradoras de medicamentos

  1. E. González-Domínguez 1
  2. J. Pérez Piñeiro 1
  3. A. Sousa Castillo 1
  4. M. Pérez Lorenzo 1
  5. M. A. Correa Duarte 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Libro:
Biomateriales: diseño, producción y caracterización
  1. González Fernández, Pío Manuel (coord.)

Editorial: Rede Galega de Biomateriais

ISBN: 978-84-15086-50-5

Año de publicación: 2015

Páginas: 9-19

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

A administración de axentes terapéuticos tales como ácidos nucleicos, proteínas, vacinas ou anticanceríxenos presenta importantes desvantaxes á hora da súa aplicación. Así, a súa baixa bioavaliabilidade, a súa rápida eliminación do organismo ou a súa pouca especificidade imposibilitan en gran maneira que leven a cabo a súa acción de xeito eficiente. Por isto, existe un interese crecente en desenvolver novas estratexias que permitan subministrar estes compostos minimizando por un lado estes obstáculos e polo outro potenciando o seu efecto terapéutico. Neste sentido, a implementación de nanotransportadores suscitou unha grande atención nos últimos tempos grazas á súa capacidade para solubilizar os fármacos no organismo, prolongar o seu tempo de circulación, e liberar a droga de forma controlada no tempo e no espazo, o que finalmente leva a unha mellora do seu índice terapéutico. O presente capítulo céntrase en salientar a importancia da nanotecnoloxía na biomedicina facendo especial fincapé no emprego das nanocápsulas de sílice como vehiculizadores de fármacos.